TRADÚCEME

19 diciembre 2012

NNXX organiza a II Edición do Gol Solidario


O vindeiro sábado, 29 de decembro, NNXX de Narón - en colaboración co PP de Narón - organizará a II Edición do Gol Solidario. Ao igual que o ano anterior, consistirá nunha recollida de alimentos, coa novidade de que este ano súmase a campaña "Un Nadal cheo de sorrisos", posta en marcha por Novas Xeracións de Galicia, e que consiste nunha recollida de xoguetes en bó estado, tanto novos coma usados, co obxectivo prioritario de que ningún neno quede sen xoguete para disfrutar este Nadal.


A campaña estará aberta ata o 3 de xaneiro, e os xoguetes poderán depositarse na sede do PP de Narón, na C/Reis Magos 40 - 1, así coma no encontro do Gol Solidario, que se organizará no campo do Cadaval o 29 de decembro ás 11:30 horas.

Desta maneira, Novas Xeracións sigue coa súa actividade, esta vez amosando o carácter máis social e preocupado da organización, e agradecendo a resposta da xente que en tempos de crisis aumenta a súa solidaridade.

Para apuntarse bastará con mandar un e-mail ao correo nngg@ppnaron.es ou nos números de teléfono 626332382 ou 607085873.

¡Esperamos ver a todos alí!

No hay comentarios: