TRADÚCEME

10 septiembre 2011

Novas Xeracións presenta en Narón unha campaña de afiliación a nivel rexional baixo o lema 'Seguimos xerando ilusións'


Narón, 10 de setembro de 2011.- O presidente de NN.XX. da provincia da Coruña, Ramón Santos, acompañado polo presidente local de Narón, Javier Acosta, presentou esta mañá, ante a porta do Concello, unha campaña de afiliación de Novas Xeracións baixo a lema "Seguimos xerando ilusións" para dar a coñecer ós mozos da cidade o proxecto do Partido Popular.

O presidente provincial subliñou que o motivo que levou á organización xuvenil máis numerosa de Galicia a levar a cabo esta campaña de afiliación, que xa pasou por outras ciudades de toda a xeografía galega, é “a necesidade de reforzar o partido de cara ás eleccións xerais coa materia prima da que se nutre este país: as persoas", sinalando estar "canso" de que “nos vendan que os mozos somos de esquerdas e non encaixamos no PP".

O obxectivo a longo prazo desta campaña é conseguir incrementar o número de afiliados de NNXX, demostrando que “aínda que ás veces non se reflicta na sociedade, os mozos están co Partido Popular.

Apoiando esta iniciativa estiveron, xunto á carpa informativa instalada polos mozos populares, a presidenta do comité local do PP de Narón, Ángeles Díaz, e o portavoz do grupo municipal, Miguel de Santiago, así como outros concelleiros populares.

No hay comentarios: