- O PPdeG lamenta que o presidente da Xunta esté a mirar para outro lado ante os problemas dos galegos, desviando a atención e culpando dos problemas á oposición.
- Máis de 30.000 familias que viven do sector pesqueiro están nunha situación extrema e o presidente da Xunta adícase a insultar á oposición e ao seu xefe de filas.
- O presidente da Xunta debería buscar solucións ante os problemas e reunirse cos sectores en crise.
- Pola falla de diálogo de Touriño o que está a buscar solucións e a falar co sector é a oposición.
- O PPdeG lamenta que Touriño non se reúna cos sectores en crise e descalifique á oposición en lugar de buscar solucións aos problemas dos galegos.
- O PPdeG lamenta os tics antidemocráticos do presidente da Xunta e secretario xeral do PSOE en Galicia, feito ao que ten acostumado aos galegos.
- Cada vez que Galicia ten un problema a culpa é da oposición e non se buscan solucións:
- Hai dous anos Galicia tivo a peor crise medio ambiental da súa historia, calcinándose 100.000 hectáreas de monte e os socialistas culparon aos alcaldes do PPdeG
- Temos a peor crise sanitaria de Galicia con máis de 300.000 persoas á espera dunha consulta e a culpa é dos profesionales e dos populares e;
- Agora, temos a maior crise do sector pesqueiro, que afecta directamente a máis de 30.000 familias e a culpa é do presidente do Partido Popular de Galicia.
- É inadmisible que Touriño relacione ao xefe da oposición co entorno de ETA e é inadmisible que permita que o seu número dous no partido e o portavoz no seu Grupo Parlamentario o fagan.
- O bipartito a medida que pasa nos decepciona máis. A división que ten este goberno desde o principio, con dous líderes, dous proxectos políticos ... fustrou o pregonado cambio.
- Eles mesmos se dan conta de que foron un goberno decepcionante e agora centran os seus esforzos en botar as culpas do seu fracaso, ou á oposición ou entre eles mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario