- Chegou o momento de que a Xunta de Galicia pase das palabras aos feitos e se implique na defensa dos intereses dos consumidores e das empresas galegas ante as anunciadas subidas da tarifa eléctrica.
- A primeira decisión de quede adoptar a Xunta debería ser a de impugnar pola vía xudicial a normativa estatal que pretende facer desaparecer a tarifa eléctrica nocturna 2.0N a partir do vindeiro 1 de xullo e que se traducirá en subidas de entre o 22% (para clientes con menos de 15 kw de potencia) e do 77% (potencia superior a 15 kw).
- O novo cadro tarifario discrimina e penaliza aos usuarios da tarifa nocturna, que hai anos contrataron ese sistema seguindo recomendacións do propio Goberno; e provoca agravios tarifarios en función do tramo horario no que os fogares rexistren os maiores picos de consumo eléctrico.
- A demais, o PPdeG reclama que a Xunta solicite formalmente do Goberno do Estado a paralización de calquera nova subida da tarifa eléctrica ata o 31 de decembro de 2008, tendo en conta que nesa data desaparece a tarifa eléctrica regulada.
- Asimesmo, o PPdeG demanda que se fixe unha tarifa social para os agricultores e gandeiros galegos que teñan contratada unha potencia máxima de 5,5 quilovatios para blindar a factura eléctrica das explotacións fronte ás subidas desorbitadas que se aveciñan.
- Paralelamente, o PPdeG plantexa elevar ata 3,3 kW a potencia máxima contratada para que os consumidores podan acollerse á futura tarifa social anunciada polo Ministerio de Industria.
- O PPdeG pide tamén que se estableza unha tarifa de derradeiro recurso para as empresas que conten con subministración de electricidade en alta tensión. A partir do próximo 1 de xullo van desaparecer as tarifas de alta tensión reguladas, o que está provocar un intenso debate a tres bandas entre empresas eléctricas, Goberno central e industrias.
- As empresas xeradoras afirman que as tarifas de alta tensión se van incrementar nun 50%, pero as industrias están convencidas de que ese incremento se vai situar no 100%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario