TRADÚCEME

05 mayo 2008

PSOE E BNG NEGAN Á COMISIÓN DA AXENTE ELECTORAL O 60% DA DOCUMENTACIÓN QUE SOLICITOU O PPdeG

- PSOE e BNG néganse a permitir que os membros que compoñen a Comisión de investigación da axente electoral teñan acceso ao 60% das peticións realizadas polo Grupo Popular.

- Socialistas e nacionalistas seguen empeñados en esconder as vergoñas dun bipartito que apura os seus últimos días antes de que se demostre que se está financiando a un partido político con diñeiro de todos os galegos.

- O PPdeG pregúntase se a complicidade do BNG co PSOE neste asunto terá que ver coa posibilidade de que teñan tanto que esconder como os socialistas, posto que só iso podería explicar a súa falta de interese por un caso no que falamos de financiamento ilegal dun partido e malversación de fondos públicos.

- Lembrar que nesta Comisión PSOE e BNG:

- empezaron nomeando a un socialista como presidente dun órgano que haberá de investigar a xestión precisamente de altos cargos do PSOE no Goberno

- seguiron cun Touriño que se aventurou a dicir cales serían as conclusións dunha comisión que aínda a data de hoxe non empezou a investigar

- logo o señor Tome, presidente do devandito órgano, fixo os prazos de peche do mesmo de forma unilateral

- o último foi: impoñer as regras de funcionamento da comisión sen contar co grupo que solicitou a creación da mesma, convocar a mesa da comisión de forma irregular e sen convocatoria previa para fixar un calendario de comparecencias polo método das lentellas (se queres cómelas e se non...)

- agora é o tema da documentación

- O PPdeG pediu de forma detallada, e explicando o motivo do requirimento, 26 documentos ou expedientes; PSOE e BNG só acordaron pedir á Xunta que eles mesmos dirixen un total de 11, o 40%. O resto, nada.

No hay comentarios: