TRADÚCEME

05 mayo 2008

AS LISTAS DE ESPERA SUBIRON NO ÚLTIMO TRIMESTRE NO 73,3% DOS HOSPITAIS GALEGOS

- Os usuarios esperan por unha intervención cirúrxica máis días agora que hai tres meses en tres de cada catro centros galegos.

- Estes datos, malos de por si, serían aínda peores de permanecer abertas as axendas dos hospitais todos os días durante estes tres meses. Sen embargo, a Xunta pechounas en varios centros durante varias semanas, negando así citas a pacientes que necesitaban operarse.

- Tendo en conta que Sanidade segue sen contabilizar nas listas de espera da Comunidade os pacientes que esperan para ser atendidos en Povisa, e que hai unha lista de espera oculta non publicada que roza xa as 20.000 persoas (eran 12.400 fai un año), a cifra oficial de persoas que en Galicia esperan para ser atendidas é de 300.000 galegos.

- Pese a haber tratado de mellorar os datos chegando incluso a pechar axendas, Sanidade mostra agora uns datos que non fan senón confirmar a súa incompetencia.

- No referido a operacións, crece a espera en 11 das 14 especialidades que hai: é dicir, case o 79% das mesmas.

- A espera en cirurxía cardíaca crece un 13%; a plástica e reparadora, un 23,1%; un 19,2% a torácica e un 9,4% a espera en neurocirurxía

- En canto ás consultas médicas, respecto a fai tres meses, fai falla esperar 13 días máis para ver a un anestesiólogo (48 días de espera), 19 para ver a un cirurxián maxilofacial (73), 20 máis para ver a un intensivista (70), e 23 máis para someterse a probas de radiodiagnóstico (57 días de espera)

- En canto a operacións e hospitais, destaca o Canalejo, con oito días máis de espera respecto ao último trimestre de 2007; o CHUS de Santiago (+6), o Barbanza (+15), o Arquitecto Marcide (+9), o de Verín (+6) e Vigo (+8).

- Na Consellería faltan ideas e van a máis dun cese por cada trimestre desde que comezou o bipartito (13 ceses en tres años).

No hay comentarios: