- O PPdeG fai un chamamento a todos os implicados –Administración, empresarios, sindicatos e traballadores- para extremar as medidas de precaución co obxecto de reducir a elevada taxa de sinistralidade laboral que se está a rexistrar en Galicia, con dúas vítimas mortais nas últimas 24 horas: o traballador dunha empresa do sector da automoción de Vilagarcía, que faleceu; e outro traballador que perdeu a vida ao quedar atrapado por uns troncos no polígono do Bao, en Pontevedra.
- O PPdeG chama a atención sobre o elevado número de vítimas mortais rexistradas no que vai de ano en Galicia por mor de accidentes de traballo e anima ao conxunto da sociedade e efectuar unha “reflexion seria” sobre esta realidade tráxica.
- O PPdeG considerou anacrónico a dicotomía que se rexistra en Galicia nesta materia, na medida en que a Inspección de Traballo depende funcionalmente do Ministerio mentres que organicamente depende da Xunta.
- Por iso, o PPdeG considera que a Consellería de Traballo seguirá estando coxa mentres non dispoña de competencias plenas sobre a inspección de traballo, carencia que atribúe ao fracaso das últimas negociacións emprendidas pola Xunta para incrementar o volume competencial da Comunidade Autónoma.
- Reiterar a demanda que ven formulando o PPdeG desde hai varios meses para que se incrementen os efectivos humanos destes servizo, de xeito que se poda multiplicar a presenza dos inspectores na rúa para verificar o cumprimento escrupuloso da normativa sobre seguridade e hixiene no traballo e concienciar aínda máis a empresarios e traballadores neste aspecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario