- O conselleiro de Medio Rural debe explicar o alcance que terá para Galicia a reforma da PAC (política agraria común) que se dispón a acometer a Unión Europea.
-Estas medidas suporán un considerable recorte dos fondos europeos destinados á agricultura. Mentres que na actualidade a PAC absorbe arredor do 45% dos recursos conxuntos da Comisión Europea, a previsión apunta que contra o ano 2013 poderían reducirse ata un 35%.
- Para o PPdeG as informacións publicadas ata o de agora sobre a reforma da PAC resultan altamente preocupantes para Galicia, na medida en que delas se desprende que os agricultores e gandeiros da Comunidade poderán rematar sendo os grandes prexudicados por esa medida.
- O recorte das axudas económicas pode supoñer un quebranto importante para as xa minguadas economías das familias galegas que teñen no campo seu medio de vida.
- O anuncio de que no futuro próximo a UE podería aumentar a superficie mínima esixida para que unha explotación poda acceder ás subvencións comunitarias ameaza con asfixiar á maior parte dos agricultores e gandeiros galegos, dada o tradicional minifundio e a estrutura da propiedade da terra en Galicia, moi dispersa e, polo tanto, con dificultades engadidas para incrementar a base territorial das granxas.
- O PPdeG tamén amosa a súa preocupación pola situación que atravesan moitos produtores lácteos galegos que ata hai pouco tempo se viron obrigados a investir “auténticas millonadas” en mercar cota láctea, e que agora ven descapitalizado ese investimento como consecuencia do reparto gratuíto de taxa procedente do fondo lácteo.
- O PPdeG saúda que o reparto de cotas se faga de balde, pero reclama medidas económicas para compensar as perdas que padecen os gandeiros que mercaron cota hai pouco tempo e que, en moitos casos, aínda continúan pagando os empréstitos que pediron para facer fronte a desembolsos voluminosos dos que agora lles costa recuperarse, co agravante da desaparición definitiva das cotas no horizonte do ano 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario