- Logo de que os populares galegos en Madrid fixaran cinco prioridades para o inicio da lexislatura: economía, finanzamento autonómico, infraestructuras, salvamento marítimo e voto en urna para todos os galegos e españois, un mes despois o PP solicita a reforma da Lei Electoral que garanta que a emigración vote en urnas no 2009 e unha Comisión Galicia-Gobierno central para a execución das infraestructuras.
- VOTO EN URNA.- é imprescindible a reforma do voto na emigración porque. O último que merecen os centos de miles de galegos e españois que viven fora é que se dubide do seu lexítimo dereito.
O PP dalle prioridade ás garantías do voto dos residente no estranxeiro e por iso estase a traballar nunha dobre vía:
- Os tres grupos do Parlamento galego teñen un acordo para remitir unha Proposición de Lei para implantar o voto en urna para acelerar ao máximo a tramitación da proposición e que nas eleccións autonómicas galegas se poda votar en urna.
- Aprobación dunha subcomisión no seo da Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados para a implantación do voto presencial en urna, e a tal efecto afrontar xa unha reforma da lei electoral limitada a este obxectivo
O obxectivo da iniciativa é garantir que nos procesos electorais a celebrarse a partir de xaneiro de 2009, os españois residentes no exterior poderán votar en urna.
O PPdeG espera que o PSOE non faga un dobre xogo que xa ten practicado en outras ocasións, dicindo unha cousa en Galicia e facendo outra en Madrid
- INFRAESTRUTRUAS.- na pasada lexislatura non se cumpriu nin un so prazo nas estradas e autovías galegas; non se iniciou nin un so quilómetro de obra nova; sete dos 10 AVEs en Galicia seguen igual que hai catro anos e; en resumo, foi unha lexislatura perdida.
Agora que comeza unha nova lexislatura en Madrid, e o PPdeG vai traballar para que o goberno socialista execute todas e cada unha das obras comprometidas e que o faga coa máxima urxencia.
O PPdeG vai pedir explicación á ministra para que informe sobre as súas intencións en relación coas obras pendentes en Galicia, con feitos concretos, como é o investimento de 2.000 millóns cada ano só en AVE para que estea rematado en 2012.
Ademais, o PPdeG pedirá a creación dunha Comisión Goberno Central - Comunidade Autónoma de Galicia específica para infraestructuras, que se encargue do seguimento, a avaliación e o impulso das obras pendentes, en especial das autovías e o AVE.
A proposta inclue un seguimento anual da execución presupostaria, determinando con claridade cantos cartos se invisten realmente, e non só canto se pon nos orzamentos; así como que se estableza un novo calendario fiable coas datas de posta en servizo das obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario