A asociación pantasma que fichou á axente electoral estaba formada por concelleiros e candidatos socialistas.-
- A asociación que contratou con fondos públicos á axente electoral socialista foi creada por candidatos e cargos do PSOE.
- Viticultores do Castro foi creada para conseguir diñeiro público a través de subvencións da Xunta que logo, como se está demostrando, empréganse fraudulentamente sendo desviadas cara ao propio PSOE.
- O representante legal de Viticultores do Castro, David Fernández Ojea, é concelleiro do PSOE en Piñor.
- Documentos oficiais da Consellería de Traballo demóstrano.
- Ademais, outro cargo desta asociación, o secretario da mesma, José Ramón Novoa Fernández, é tamén militante socialista e foi nas listas do PSOE nas municipais de 2003 e 2007 do concello de Castro Caldelas.
- Con todo isto, queda probado que a asociación está composta por cargos e candidatos socialistas, e que son estes os que puideron axudar a desviar fondos públicos para financiar ao PSOE a través dunha asociación pantasma.
- O PSOE aínda está a tempo de depurar responsabilidades e recoñecer as súas culpas, e tratar desde este momento de lavar a súa imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario