TRADÚCEME

30 mayo 2008

30 MILLÓNS DE METROS CADRADOS DE SOLO INDUSTRIAL CONTINÚAN, TRES ANOS DESPOIS, PARALIZADOS OU RETRASADOS

- Logo de que PSOE e BNG están na Xunta, atopámonos con que o 56% dos parques empresariais programados polo anterior Goberno do PP están sen iniciar (13 millóns de m2) e o 29% están retrasados (17 millóns de m2).

- Estamos a falar de que máis do 85% do solo industrial galego está paralizado ou retrasado, sendo a situación máis preocupante na provincia de Pontevedra, na que o 99,14% do solo industrial previsto sufre parálise ou retraso.

- A día de hoxe, e por provincias: o 78% do solo industrial de A Coruña está paralizado ou retrasado, ao igual que o 81% do solo empresarial da provincia de Lugo e de Ourense e o 99,14% do de Pontevedra.

- Para o PPdeG a situación da provincia de Pontevedra é a máis alarmante, xa que despois de tres anos transcorridos do cambio de Goberno, a Xunta só foi capaz de poñer no mercado o 0,86% (104.000m2) dos máis de 12 millóns de metros cadrados previstos en diferentes polígonos empresariais da provincia, e que deberían estar en servizo, a día de hoxe.

- A situación da provincia vese agravada pola competencia directa de Portugal, que ante a incapacidade da Xunta para satisfacer a demanda de solo das empresas galegas, ven desenvolvendo, desde fai máis dun ano, unha política agresiva para atraer a chan portugués empresas galegas, cuns prezos metro cadrado un 70% inferiores aos prezos de Galicia e con paquetes de axudas para trasladar empresas galegas ao norte do país.

- Mentres Portugal se adica a captar emprendedores galegos que non se poden instalar aquí por falla de solo, a Xunta prefire manterse allea, mirar para outro lado e continuar mergullada na súa propia incompetencia.

- Exemplos da parálise que vive a provincia:

-Central de Transporte de Pontecaldelas.- tres anos despois de que o anterior Goberno do PP deixase postos en marcha 90.000 metros cadrados de solo para loxística e transporte, o Bipartito non só non fixo nada senón que deixou deteriorar o solo industrial ata o punto de que as parcelas do polígono están a monte.

-Plataforma loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN).- acumula un retraso de arredor de dous anos.

-Polígono de A Guarda-O Rosal.- segue sen partida presupostaria nos Orzamentos da Xunta. O retraso sobre a previsión inicial alcanza xa os 3 anos.

-Polígono de Tomiño.- paralizado e segue sen consignación económica.

-Polígono de Ponteareas.- a Xunta chegou a anunciar un investimento multimillonario para este polígono que, sen embargo, non ten reflexo algún nos Presupostos de 2008. Acumula xa un retraso de 2 anos.

-Polígono de Mos.- dentro da súa política de propaganda, a Xunta prometeu xa unha segunda fase despois de retrasar a primeira.

- Diante desta situación, ‘insostible e irracional’, o PPdeG pide ao presidente da Xunta a posta en marcha de medidas urxentes para reactivar a posta en funcionamento de solo empresarial e rematar así con esta situación.

No hay comentarios: