- O PPdeG insta á Xunta a paralizar a anunciada supresión do primeiro ciclo de E.S.O. nos concellos lucenses de Abadín, Baleira, O Incio, Paradela, Portomarín, Samos e Triacastela e nos pontevedreses de Covelo, A Golada, Crecente e Arbo.
- A supresión do Primeiro Ciclo de ESO que viña funcionando nos CEIPs deses once concellos foi unha medida sorpresiva, inxusta e autoritaria, que foi adoptada de costas á comunidade educativa, pero tamén sen contar cons alumnos nin pensar nos prexuízos que van causar aos máis de 200 rapaces afectados.
- Como exemplo dos prexuízos derivados da supresión deses ciclos de ESO, hai que apuntar que algúns alumnos se verán obrigados a efectuar desprazamentos de ata 45 quilómetros diarios, saíndo das súas casas ás oito da mañá para regresar contra as tres da tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario