TRADÚCEME

01 marzo 2008

O DISCURSO DE ZAPATERO CONSISTE EN DICIR EXACTAMENTE O MESMO CADA CATRO ANOS

- Queda demostrado que Zapatero ten un discurso bucle, que consiste en dicir exactamente o mesmo cada catro anos, só que adaptando as datas aos seus incumprimentos.

- Despois destes catro anos, queda comprobado que Zapatero non asistiu a aquelas dúas tardes ofrecidas por Jordi Sevilla para aprender un pouco de economía.

- Os prezos suben máis alto que nunca e os soldos en Galicia non poden ser máis baixos; o dereito a unha vivenda convertiuse nun luxo, e durante o último 1.000 empresas tiveron que disolverse e poñer o cartel de ‘pechado por Bipartito’.

- O PP deixou un Goberno no que Galicia era a terceira Comunidade cos prezos de vivenda máis baratos, e agora ZP deixa un Goberno no que Galicia está entre as tres Comunidades onde a vivenda sube máis o seu prezo.

- O PP deixou un Goberno que creaba emprego, e agora Zapatero deixa un Goberno que o destrúe.

- O PP deixou un Goberno no que a inflación era do 2,1 e agora ZP deixa un Goberno cunha subida do dobre na inflación: 4,4.

ZAPATERO DILAPIDOU A HERDANZA

- Calquera Goberno en calquer momento, en calquera país, houbera soñado con comezar unha andaina coa herdanza que recibiu Zapatero. Pero o que fixo foi dilapidala, perdela sen invertila e deixar que se esgotara.

CO PP, O 60% DOS GALEGOS NON PAGARÁN O IRPF

- O PP defende que os que teñen menos, teñen que pagar menos, e por iso, o 60% dos galegos non pagarán o IRPF.

- O PP tamén cre que as mulleres fan o traballo igual de ben, se non mellor, que os homes, polo que deben cobrar o mesmo, e por iso, propón bonificacións de ata 1.000 euros para potenciar o emprego feminino.

- O PP considera que a mellor materia prima que hai en Galicia e España son as persoas, e por iso aposta por baixar os niveis de politización nas escolas, e aumentar os niveis de calidade e liberdade nos colexios.

- O PP cre que en Galicia temos que crear novas oportunidades e as novas oportunidades en Galicia chámanse AVE.

O PP CRE EN GALICIA E NA SÚA XENTE, O PP SI TEN PROPOSTAS

- O PP si cre en Galicia, na súa xente... e o PSOE, pola contra, non cre nin o que eles mesmos din.

- Zapatero ven a Galicia a dicir que os próximos 4 anos fará o mesmo que nestes catro. Claro que fará o mesmo, que é nada.

- Quedan 9 días, e o PP vao seguir coas súas propostas porque ten un programa para España e outro para Galicia, como ningún outro partido, mirando o presente con realismo e o futuro con optimismo.

- O 9 de marzo, os galegos van cambiar un Goberno para o que Galicia non existiu, por un Presidente do Goberno que debe a súa existencia a Galicia, que é Rajoy.

No hay comentarios: