- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o coordinador do Programa Electoral do PP, Juan Costa, presentaron onte o programa de infraestruturas do PP para os próximos anos.
- O PP fará que España conte con 8.000 kms de AVE e 15.000 kms de autovías e autopistas no 2015, adiantando cinco anos as previsións socialistas.
- O programa de infraestructuras ten tres grandes obxectivos políticos:
- recuperar o tempo perdido
- aumentar a seguridade
- que non haxa cidadáns de primeira e de segunda
- Ao longo destes catro anos, o PSOE só aportou retrasos e incumprimentos na xestión das infraestructuras en España e o PP asume como primeira prioridade recuperar o tempo perdido e adiantar en cinco anos o programa de infraestructuras no ámbito de estradas e ferrocarrís, fundamentalmente.
- A seguridade será unha gran prioridade política. Para elo, entre outras medidas, levarase a cabo a creación dunha Axencia de Seguridade Vial e a eliminación dos puntos negros na rede de estradas.
- Outro gran obxectivo político é que non haxa cidadáns de primeira e cidadáns de segunda en materia de infraestruturas, que non haxa AVE de primeira e AVE de segunda. O PP plantexa un programa de alta velocidade coas mesmas prestacións en toda a rede ferroviaria nacional.
- Resumo da xestión de Zapatero en infraestructuras: catro anos perdidos.
- Se se mantivese o ritmo inversor dos gobernos do PP, máis de 15.000 kms de autopistas e autovías e 7.200 kms de AVE estarían finalizadas no horizonte de 2010, pero o executivo socialista as retrasou dez anos.
- Os socialistas retrasaron as obras, pararon a licitación de novos tramos e deixaron de invertir no mantemento da rede.
- Como consecuencia, o ritmo inversor caeu do 2,2% do PIB previsto nos Presupostos Xerais do Estado de 2004 ao 1,58% do PIB rexistrado en 2007. Así, deixáronse de invertir 14.200 millóns de euros, o que supón un ano enteiro de inversión, 340.000 empregos directos na construcción e un 0,48% do PIB anual.
- O PP creará a figura do coordinador xeral de seguridade, unha axencia de seguridade vial, porá en marcha un plan de desconxestión de tráfico e destinará máis presuposto ao mantemento e conservación de infraestruturas.
- O PP porá en servicio as actuacións previstas antes do 2015, adiantando cinco anos os retrasos de dez do PSOE e, ademais das autovías, autopistas e AVE, executará as inversións previstas nos Plans Directores dos Aeroportos de interese xeral e actualizará e desenvolverá os Plans Directores dos Portos do Estado.
- O PP elevará e manterá a inversión do Estado en infraestruturas de transporte por riba do 2% do PIB e eliminará o 100% dos puntos negros. Neste sentido, adaptaranse as barreiras de protección das estradas para garantir a seguridade dos motoristas, dotando presupostariamente programas para eliminar os gardarraís, introducindo dobres biondas ata a súa substitución total.
- Co fin de reducir os niveis de conxestión, limitar emisións e fomentar o aforro enerxético, o PP redactará un plan de circunvalación e acceso ás grandes cidades; fará un plan de cercanías ferroviarias e integrará o ferrocarril nas grandes cidades.
- Aprobará unha Lei de garantías dos servizos do transporte que protexa e garanta os intereses dos cidadáns e unha Lei de atención integral en accidentes de tráfico, con tempos de chegada de emerxencias menor a 20 minutos e asistencia psicolóxica a víctimas e familiares.
- Crearase unha xerencia de seguridade ferroviaria e eliminarase o 100% dos pasos a nivel. Así, o PP porá en marcha un plan de cercanías que contará coa participación das Comunidades, potenciará a entrada de novos operadores e desenvolverá máis quilómetros e máis estacións con maior seguridade.
- Ademais, integrarase o ferrocarril nas grandes cidades, mellorando a compatibilidade das estacións no entramado urbano e potenciando a conexión con outros modos de transporte.
- O PP tamén impulsará a participación do ferrocarril no transporte de mercadorías, coa entrada de novos operadores e a axilización dos trámites para obter licencias e certificados de seguridade.
- Se separará aeroportos e navegación aérea e se promoverá a participación das Administracións autonómicas e locais nas decisións de carácter estratéxico, así como a incorporación da iniciativa privada nos aeroportos.
- O PP tamén creará a oficina do Defensor do pasaxeiro, impulsará unha Mesa Nacional de Calidade do transporte aéreo, aprobará unha nova lei de aeroportos e actualizará a Lei de navegación aérea. Asimesmo, no marco da Axencia de Xestión de Crises, se desenvolverán programas de emerxencias marítimas e loita contra a contaminación, en colaboración coas Comunidades e as Corporacións Locais e unha Lei de navegación marítima e protección do medio ambiente mariño.
- Outras iniciativas serán a posta en marcha dun plan renove para a flota mercante -propoñendo incentivos fiscais ás inversións en novos buques e en renovación da flota- e o aumento das bonificacións para residentes en Canarias, Ceuta, Melilla e Baleares.
- Por outra parte, se impulsará a modernización de Correos, mantendo o seu carácter de servicio universal, garantindo un servicio postal de calidade e en igualdade de condicións para todos os españois, asegurando a universalidade e regularidade, así como o reparto coa mesma tarifa en toda España.
- Correos se pode autofinanciar garantindo o emprego estable, coa modernización da rede de oficinas e a automatización dos centros de reparto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario