- O PP será un garante de responsabilidade e de defensa do interese xeral.
- O PP representa máis que nunca a centralidade en España.
- O PP é moi consciente da súa responsabilidade e da forza dos millóns de cidadáns que o apoiaron. Defenderá as ideas, os principios e os valores polos que os cidadáns lle deron a súa confianza.
- Agradecemento aos dez millóns cento setenta mil españois que votaron ao PP. Nunca un partido na oposición obtivera tanto respaldo, tanta confianza. Catrocentos mil votos máis que en 2004, subiu cinco escanos e conseguiu o 40% dos votos.
- É claro que o incremento de votos do PP provén da moderación, do centro e de votantes desencantados do PSOE, mentres que os novos apoios do PSOE proveñen da esquerda máis radical e máis nacionalista.
- O PP é a forza que máis crece en votos, que máis crece en escanos e que máis crece en porcentaxe.
O PPdeG volveu gañar en Galicia
- O PPdeG sacou 5 puntos ao PSdeG e 32,5 puntos ao BNG.
- Reiterar o agradecemento ao máis do 44,5% da poboación galega que volveu a confiar no PPdeG.
- O programa electoral do PPdeG para estas eleccións foi o máis votado en Galicia e como tal este partido traballará para que se leve a cabo.
- O PPdeG sigue obtendo a totalidade dos senadores que tiña na anterior lexislatura. O PPdeG acada 12 senadores fronte a 4 senadores do PSdeG e a 0 senadores do BNG.
- O PPdeG ten en total 22 representantes nas Cortes Xerais, entre senadores e congresistas, o PSdeG ten 14 e o BNG 2.
- Con estes resultados hai que seguir polo mesmo camiño; por un camiño de centro, reformista e galeguista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario