Productos básicos como as patacas e o pan subiron desde o euro 10 veces máis que os soldos.-
- A inflación segue desbocada e alcanza unha cifra da que non existen precedentes. O Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) en España aumentou en xaneiro ata o 4,4%, dato provisional que publicou o Instituto Nacional de Estatística (INE).
- Estamos na taxa máis alta desde xaneiro de 1997, data na que comezou a elaborarse este indicador.
- A vida está máis cara e custa más encher a cesta da compra.
- No mes de decembro, por primeira vez desde o ano 95, caeu o consumo case dous puntos porcentuais, demostrando o enfriamento da nosa economía e a sensación de crise que teñen os cidadáns.
- É evidente que os españois perderon gran parte do seu poder adquisitivo. A suba dos prezos en 2007 alcanzou cotas descoñecidas nos últimos 20 anos. A leite subíu un 31 %, o polo un 14 %, os ovos e o pan máis do 13 % e o aceite un 27 %. Por se fora pouco, os prezos regulados da enerxía e os servizos públicos tamén subiron e os cidadáns tiveron que afrontar un forte incremento das súas hipotecas pola suba dos tipos de interés.
- Zapatero non fixo nada por resolver os problemas.
- Zapatero é un presidente que sae moi caro a todos os españois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario