TRADÚCEME

01 febrero 2008

A IGUALDADE EFECTIVA NON SE ALCANZA CON COTAS

- O Partido Popular respecta e acata a resolución do Tribunal Constitucional que avalou a paridade nas listas electorais. Todas as candidaturas do PP ás próximas eleccións son paritarias.

- A igualdade efectiva entre mulleres e homes non se alcanza con cotas, senón con medidas reais, coherentes e prácticas, que beneficien ás mulleres. Medidas que superen os actuais desequilibrios laborais e salariais e fomenten a incorporación e permanencia da muller no mercado de traballo.

- Por iso, cando o PP esté no Goberno baixará os impostos, especialmente ás mulleres. A reducción do IRPF para aqueles contribuíntes con ingresos de ata 16.000 euros beneficiará a máis de tres millóns de mulleres. Ademais, poñerase en marcha unha rebaixa adicional de este imposto para as mulleres que traballan fóra de casa: unha deducción na cota do IRPF que poderá chegar ata 1.000 euros anuais.

- O PP cre na igualdade real, e non nas medidas demagóxicas, e por iso creará 400.000 prazas de gardería, e ampliará os permisos de maternidade e paternidade, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das mulleres e dos homes.

- Porque o PP sabe que hai unha xeración enteira de mulleres que no tiveron acceso ao mercado laboral, aumentará as pensións de viuvedade, único recurso que lles queda trala morte do seu cónxuxe.

No hay comentarios: