- O PP acometerá a reforma a fondo da Administración de Xustiza para que sexa un servizo acorde ás necesidades dos españois.
- Defenderá un modelo único de Xustiza, ante o que todos os españois sexamos iguais, independente do poder político e coa capacidade para actuar eficazmente para garantir a seguridade e a liberdade dos cidadáns.
- Desenvolverá o dereito do cidadán a dirixirse á Xustiza mediante o uso das novas tecnoloxías, para coñecer o estado dos procedementos e ser atendidos persoalmente a través de Internet e por teléfono.
- O PP acometerá importantes reformas legais para perfeccionar os mecanismos de resposta do Estado de Dereito ás novas e moi violentas formas de criminalidade.
- Asegurarase o cumplimento efectivo das penas nos delitos de especial gravidade e introduciranse mecanismos que permitan o control e a prevención do risco que entraña a posta en liberdade de delincuentes con pronóstico elevado de reincidencia unha vez cumplida a pena.
- CON ZAPATERO, NON É POSIBLE.- Zapatero meteu nun caixón o Pacto de Estado pola Xustiza, que contiña un amplo catálogo de medidas pensadas para arranxar os problemas do noso sistema xudicial.
- A cambio, intentou levar a cabo unha abordaxe ideolóxica da Xustiza, á que tratou de controlar e silenciar. Zapatero despreocupouse completamente de modernizala e facela máis cercana ao cidadán.
- O Goberno socialista quixo controlar o CGPJ, cambiando o seu sistema de maiorías, e manifestou o seu desexo de modificar a forma de acceso á carreira xudicial.
- Zapatero e os seus socios buscaron a desmembración dun poder xudicial único e independente previsto na Constitución, para substituílo por 17 modelos autonómicos.
- O PSOE buscou un control político da Fiscalía, para o que aprobou, entre outras cousas, un Estatuto do Ministerio Fiscal que reduce a autonomía dos fiscais e politiza ao máximo este importante órgano da Xustiza.
- Os presupostos destinados a Xustiza non creceron o prometido ningún ano e hoxe o seu peso é do 0,5 % no conxunto das contas públicas. En canto ás inversións destinadas a infraestructuras, foron decrecendo ano tras ano e non se abordou ningún plan de modernización das mesmas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario