- A Europa que toma decisións e que se remanga para facer fronte á crise deixou so a Zapatero, que se queda illado no seu monólogo de que non hai crise.
- Os líderes dos catro grandes de Europa -Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia- e a Comisión Europea mantiveron un encontro transcendental en Londres. Ninguén se acordou de invitar a Zapatero e, o que é peor, ninguén o botou de menos.
- A diplomacia de Zapatero consiste nunha axenda en branco, críticas aos líderes que sucesivamente van gañando eleccións en Europa e unha presenza meramente testimonial nos consellos europeos, aos que vai a cubrir o expediente e a dar una rolda de prensa.
- O Goberno de Zapatero nunca está no sitio axeitado no momento oportuno. Cando Europa debate o seu futuro, está en África ou en Oriente Medio. Cando hai que elaborar unha estratexia para o control dos fluxos migratorios provintes de África márchase a Iberoamérica. Cando o mundo debate sobre a cuestión de Oriente Medio, faise a foto co pañuelo palestino para que se lle exclúa de calquera papel mediador.
- Mentres Moratinos volvía do Congo e Zapatero recibía ao presidente de Yemen, a Europa preocupada e consciente da crise decidía as medidas máis axeitadas para saír dela.
- Zapatero está moi atareado, forzando aparicións na televisión pública que pagamos todos, intentando explicar esa proposta inexplicable dos 400 euros.
- Canto máis explica esta medida máis impresentable parece todo o asunto da promesa: é unha idea improvisada sobre a que os propios socialistas non están de acordo, é insolidaria e inxusta, é inmoral e é, ante todo, unha chapuza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario