- Despois de coñecerse que a construcción de vivendas de protección oficial descendeu un 85,8% en Galicia e que o número de visados de obra nova concedidos polos colexios de arquitectos baixou un 27%, o PPdeG lamenta que cada día espertemos cunha mala noticia en materia de vivenda, pola parálise na que está sumido, desde hai dous anos e medio, o departamento autonómico con competencias na materia.
- O PPdeG atribúe o retroceso sofrido polas políticas autonómicas de vivenda á falta de iniciativa da Consellería que dirixe Teresa Táboas, que en lugar de chamarse de Vivenda, debería denominarse de Propaganda, porque gasta máis en publicidade ca en medidas orientadas a facilitar o acceso dos galegos a unha morada digna.
- Con estes antecedentes, o PPdeG espera que, polo menos, a Xunta sexa capaz de materializar o compromiso, anunciado en datas recentes, de poñer no mercado, a disposición dos promotores o solo necesario para construír 4.000 novas vivendas.
- Lembrar que os trámites necesarios para iniciar eses polígonos residenciais foron ultimados polo anterior Goberno do PPdeG.
- O paso do tempo lle está a dar a razón ao PPdeG nas denuncias de parálise que afectan á Consellería de Vivenda, que comprometera a execución de 25.000 vivendas protexidas para estes catro anos e vai rematar a lexislatura sen materializar ningún dos seus numerosos anuncios.
- Os socios do Goberno bipartito son conscientes de que esa é unha das súas principais carencias e así o evidencian as reiteradas críticas que, cunha periodicidade practicamente semanal, veñen efectuando diferentes responsables do PSOE poñendo en cuestión á Consellería de Vivenda.
- Que as Xuventudes Socialistas lle pidan a Quintana que “poña a traballar” a Teresa Táboas, como sucedeu esta semana, é a mellor proba da situación real desa consellería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario