- Zapatero volveu facer unha promesa electoral que Mariano Rajoy xa presentou fai dúas semanas. O fixo coas rebaixas fiscais, co imposto de sociedades e agora o fai coas pensións.
- A Zapatero falláronlle os sabios e ten que copiar as propostas do Partido Popular.
- Non coñece os problemas dos españois e non ten propostas para mellorar a vida dos cidadáns.
- Zapatero chamou a 14 sabios, todos eles estranxeiros, para pedirlles ideas para o programa electoral. As aportacións que realizaron foron escasamente útiles. Propostas como que cada español plante unha árbore ou teña unha pila de nitróxeno na súa casa non pasarán á historia do pensamento político. As receitas para paliar a falla de ideas do PSOE resultaron un completo fracaso.
- Zapatero segue mentindo aos españois. Minte cando promete, minte cando fai balance e só di a verdade cando recoñece que minte.
- Nestes catro anos o Goberno incumpliu o Pacto de Toledo, rexeitou medidas importantes que podían reducir o gasto e aumentar a equidade do sistema e tivo que dar marcha atrás a inventos como “sacar a bolsa” o Fondo de Reserva.
- Os españois saben que o Partido Popular si cumple o que promete. O PP aumentará as pensións mínimas de viuvedade para maiores de 65 anos en 150 euros ao mes e incrementará, ata en 150 euros mensuais, as pensións mínimas de xubilación para maiores de 65 anos.
Seguridade fronte a incertidume e eficacia na xestión fronte a ineficacia.-
- A aposta do Partido Popular é seguridade fronte a incertidume e eficacia na xestión dos asuntos públicos fronte a ineficacia.
- O Goberno do PP disporá dun proxecto político que, sobre a base dos desafíos aos cales se enfrontan os españois, fixe uns obxectivos claros e concretos para os próximos anos, que sirvan para mellorar a vida das persoas e que aborden os seus problemas reais.
- O PP falaralle aos cidadáns do que lles preocupa, do que é realmente importante: da súa vida, da súa seguridade, do seu futuro, do seu salario, dos seus impostos, das súas pensións, da educación dos seus fillos.
- Os cidadáns demandan eficacia na xestión dos asuntos públicos: que os trens de cercanías funcionen; que as grandes infraestructuras -como o AVE- se fagan en tempo, en forma e sen riscos; que se suben os prezos o Goberno faga algo e non se limite a botarlle a culpa aos demais; que descendan os índices de fracaso escolar; que o goberno resolva o problema da inmigración e teña unha política á que todos podamos atenernos; que se resolva o problema da vivenda e non que lle creen un Ministerio da Vivenda, que non sirve para nada.
- Pola contra, Zapatero nunca ofreceu un programa claro sobre nada.
- Ninguén sabe as ideas do señor Rodríguez Zapatero sobre o que hai que facer coa economía española. Ninguén sabe cál é a súa idea de España, ninguén sabe qué pensa da estructura territorial do Estado. Ninguén sabe cáles son as súas verdadeiras intencións ao negociar con ETA.
- Fronte á opacidade do proxecto de Zapatero, o PP si ten un programa de goberno que pasa, en primeiro lugar, por recuperar os consensos básicos -que nunca deberon romperse- en materia antiterrorista, na estructura do Estado e a igualdade de todos os españois, en política exterior e na consolidación do sistema de saúde e das pensións.
- O PP conta cun proxecto para mellorar a competitividade da economía española e a vida dos españois. Este incluirá importantes reformas fiscais, un ambicioso programa de educación e un programa en materia de novas tecnoloxías que garanta o futuro da competitividade da economía española.
1 comentario:
Il semble que vous soyez un expert dans ce domaine, vos remarques sont tres interessantes, merci.
- Daniel
Publicar un comentario