TRADÚCEME

25 enero 2008

FORMULA DO PPdeG PARA SAIR DA CRISE: NOVAS INFRAESTRUCTURAS, DEVOLVER A CONFIANZA Ó CONSUMIDOR, MAIORES PENSIÓNS E MENOS IMPOSTOS

- O PPdeG expuxo ante a Confederación de Empresarios de Galicia o que considera como a mellor fórmula para saír da crise económica na que nos atopamos: rebaixar os impostos, subir as pensións, fomentar a posta en marcha de novas infraestruturas e xerar un clima que devolva a confianza aos consumidores.

- Rebaixa de impostos.-

- Para o PP é vital acabar con figuras impositivas como o imposto de sucesiónes e doazóns, así como co imposto de patrimonio.

- Asimesmo, aposta por unha rebaixa do Imposto de sociedades ata achegalo en Galicia aos parámetros nos que se moven outros países europeos, a través dunha rebaixa de cinco puntos, de forma que pase do 25 ao 20% no caso das pemes e do 30 ao 25% no das grandes empresas.

- O PPdeG aposta tamén por eximir de pagar IRPF a todas aquelas persoas que cobren menos de 16.000 euros ao ano, algo que beneficiará ao 60% dos contribuíntes galegos e que permitirá introducir no circuíto do consumo ata 360 millóns de euros, e por ofrecer deducións de 1.000 euros a aquelas mulleres que traballen fóra de casa.

- Propón incrementar 150 euros a aquelas persoas maiores de 65 anos que cobren pensións de viuvez. En total, 221.000 galegos veríanse beneficiados por estas proposta, que ademais, como no caso das exencións no pago do IRPF, permitirían á Administración reingresar o diñeiro a través de impostos ao consumo.

- Confianza dos consumidores.-

- Os datos do Instituto Galego de Estatística aseguran que a media de confianza empresarial baixou en case 25 puntos en dous trimestres, mentres que a confianza do consumidor faino en 20 puntos desde xullo.

- Novas infraestruturas.-

- As infraestruturas son vitais para crear riqueza, fixar poboación e dinamizar territorios aínda que a Xunta e o Goberno central non presten atención ás mesmas.

- Tanto o Goberno central como o Bipartito afanáronse en boicotear o Plan Galicia.

No hay comentarios: