- O Partido Popular é consciente de que se se quere unha sociedade con mellores oportunidades e maior igualdade é necesario dar resposta á atención da dependencia.
- O PP quere un Sistema de Dependencia con calidade, equidade e accesibilidade, que asegure a plena efectividade do dereito á atención á dependencia, e que conte cun sistema de financiamento estable, solidario e sostible.
- O PP dotará a estas políticas cun maior financiamento con cargo aos Presupostos do Estado. En España hai sobre 3,5 millóns de persoas dependentes, segundo o informe do BBVA. Aínda que o Goberno rebaixa a cifra ata menos do millón e medio no seu Libro Branco da Dependencia.
- O PP quere que os españois, por Lei, teñan garantida a igualdade na atención á dependencia en todo o territorio nacional, cun mínimo común de prestacións e servicios para todo o territorio nacional.
- O Goberno do PP plantexará reformas no modelo para que se inclúa a gratuidade da gran dependencia, un Fondo de Cohesión Interterritorial e o establecemento dun mínimo exento para persoas que carezan de recursos.
- Desenvolverase un Plan de formación para coidadores profesionais nos distintos niveis educativos, así como a través da formación continua. Asimesmo, formarase e orientarase ás familias das persoas dependentes.
CON ZAPATERO NON É POSIBLE.- co Goberno de Zapatero, España, cun gasto en dependencia do 0,6%, está por debaixo do gasto medio dos países da OCDE, que se atopa no 1,25%. Só reciben apoio un 7% dos maiores dependentes que necesitan coidados de longa duración.
- As persoas dependentes pasáronse todo o primeiro ano da Lei de Dependencia (2007) sen poder disfrutar dos seus dereitos, sen recibir prestacións ou servicios.
- A día de hoxe, non se firmaron todos os convenios coas CC.AA., que non recibiron o presupostado por parte do Estado, nin a Lei de Dependencia é de aplicación en todo o territorio español, producíndose unha discriminación patente entre as persoas dependentes, segundo a rexión onde vivan.
- Despois de case un ano de vixencia da Lei, hai 37.000 persoas dependentes que reciben algunha prestación ou servicio, fronte aos 200.000 grandes dependentes que establecía a Lei para o seu primeiro ano de vixencia.
- Zapatero deuse por satisfeito con aprobar leis no ámbito do social, esquecéndose de se son eficaces ou non, porque o único que lle preocupa é facer propaganda. O Goberno foi incapaz de poñer en marcha con eficacia o Sistema de Autonomía e Atención á dependencia, sendo os verdadeiros prexudicados as persoas dependentes e as súas familias.
- O Goberno incumpliu o seu compromiso electoral de destinar inicialmente 1.000 millóns de euros á dependencia. A realidade foi outra moi distinta: o Goberno destinou 220 millóns de euros á dependencia no 2007 e 871 millóns de euros en 2008, a repartir entre todas as CCAA. Presuposto ridículo se se compara co presupostado por Comunidades como Madrid (700 millóns), ou Valencia (300) no ano 2007. Zapatero anunciou que ía destinar 1.014 euros por cada gran dependente, pero a cifra que sae é de 333 euros mensuais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario