TRADÚCEME

21 junio 2014

Novas Xeracións esixe unha "desculpa inmediata" ao alcalde e a súa dimisión

Narón, 21 de xuño de 2014. Novas Xeracións de Narón fixo un chamamento ao alcalde do municipio, José Manuel Blanco, por medio do seu presidente, Miguel Pazos, esixindo unha "desculpa formal" e "inmediata rectificación" por repartir panfletos entre os escolares menores de idade do municipio, contra "a política do Partido Popular noutros ámbitos".

Pazos recalcou a "necedade" que supón que o alcalde destine cartos a repartir un panfleto con "tintes propagandísticos" entre alumnos menores de idade dun centro público, que "non son obxecto do debate político", e non poden "estar ao alcance dos fines dun partido".

Desta forma, o presidente de NNXX uniuse a petición do portavoz do PP de Narón, Miguel de Santiago, esixindo a súa "dimisión sen contemplacións", así como a asunción de responsabilidades por parte da edil de ensino, Carmen Espada, que "leva mantendo actitudes autoritarias propias doutras épocas" desde hai meses.

Por último, rematou lamentando que a "única" política xuvenil do goberno local "sexa adoctrinar aos máis cativos", demostrando así que "unha vez máis non lles interesa a capacidade dos mozos no seu conxunto".

No hay comentarios: