Ante o despido de dous gardas de seguridade do Concello, Novas Xeracións quere expresar o seu máis profundo rexeitamento hacia á xestión do alcalde neste eido. Desta maneira, expresamos o noso decidido apoio aos traballadores afectados.
Parécenos que, ante estos acontecementos, o alcalde e o seu equipo de goberno deberían de explicar por qué se producen estes inxustos despidos e con qué criterios fanse desde a xestión municipal. Por iso, ante a negativa do alcalde a dar explicacións precisas e concretas poñemos en marcha a campaña e o hashtag que leva funcionando desde esta mañá, #oalcaldenonresponde, co obxectivo de facer que o alcalde de as explicacións pertinentes e non se escude en excusas inútiles.
Do mesmo xeito, Novas Xeracións quere denunciar a doble moral do equipo do goberno, xa que, mentres critican os despidos noutras administracións ou empresas privadas, eles encarganse de despider aos traballadores do propio concello, sen excusas e argumentos aparentes, nun escándalo sen precedentes no noso Concello.
Por todo iso, cremos que o goberno municipal ten que explicarse, e esperemos que así faga no pleno de mañá e nos vindeiros días. Mentres tanto, #oalcaldenonresponde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario