Novas Xeracións organiza este sábado, a partir das 11:00 horas, na sede do PP de Narón, un curso de photoshop, que será impartido polo concelleiro do PP de Narón, Marcos López Balado.
Así, a organización xuvenil segue coas actividades formativas encadradas dentro do curso 2012/2013, e que xa se iniciaran co curso "Falar en público: expresión oral en medios de comunicación e no mercado laboral", impartido polo concelleiro do PP en Fene, Juan José Franco.
Pola súa parte, o presidente de Novas Xeracións de Narón, Miguel Pazos, asegurou que é "moi necesario" contar con este tipo de iniciativas, de cara a "dotar de máis formación" aos mozos que lles poda servir "na súa vida diaria", á vez que o toman como unha actividade "lúdica e de ocio", algo importante nos tempos que corren.
Desta maneira, Novas Xeracións volve a poñer o seu traballo á disposición da xuventude naronesa, que xa recolleu o testigo en anteriores ocasións con gran éxito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario