O
presidente de NNXX transmite
o máis sentido pésame aos familiares e achegados de don Manuel, aos
populares, que quedan políticamente orfos, e ao pobo galego en xeral
Novas
Xeracións lamenta
profundamente o pasamento de don Manuel Fraga e promete perpetuar o
seu valioso legado
- Javier Dorado asegura que don Manuel Fraga é un exemplo a seguir non só en Galicia, senón tamén a nivel estatal, por ser un dos pais da Constitución, un dos protagonistas da Transición e o fundador do partido con máis apoios de España
- Novas Xeracións de Galicia non pode máis que sentirse orgullosa por formar parte do proxecto político que Fraga creou e comprométese a traballar arreo pola comunidade cuxo nome levou alí onde foi
Santiago
de Compostela, 16
de xaneiro de 2011.-
O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado, lamenta
profundamente, en nome da formación xuvenil, o pasamento de don
Manuel Fraga Iribarne, pero asegura que o Presidente Fundador do
Partido Popular deixa no país unha canteira disposta a perpetuar o
seu valioso legado.
Javier
Dorado tamén quere transmitir o máis sentido pésame dos membros de
Novas Xeracións á familia e aos achegados de don Manuel, así como
aos populares, que coa súa marcha quedan políticamente orfos, e ao
pobo galego en xeral, que sempre estará en débeda co seu defensor
máis acérrimo.
Como
asegura Dorado, para os membros de Novas Xeracións don Manuel Fraga
é un exemplo a seguir non só en Galicia, onde foi autor da maior
modernización que experimentou a comunidade, senón tamén a nivel
estatal, por ser un dos pais da Constitución, un dos protagonistas
da Transición e o fundador do partido con máis apoios de España.
Os
mozos e mozas de Novas Xeracións de Galicia non poden máis que
sentirse orgullosos por formar parte do proxecto político que Fraga
creou e comprométense a traballar arreo pola comunidade cuxo nome
don Manuel levou alí onde foi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario