Os deputados populares abandonan a Comisión de Pesca en sinal de protesta
- O PPdeG lamenta que en lugar de dar explicacións sobre as xestións efectuadas e sobre as solucións que a Xunta vai poñer a disposición do sector, o director xeral de Estruturas e Mercados efectuou afirmacións despectivas e acusacións infundadas contra os deputados populares.
- Con esta actitude a Xunta busca agochar a súa incompetencia para facer fronte á peor crise do sector pesqueiro dos últimos 25 anos.
- Ante a gravidade das acusacións vertidas polo director xeral, os deputados do Grupo Popular optaron por abandonar a Comisión de Pesca en sinal de protesta.
- Como primeira medida, o Grupo Popular presentará unha protesta formal ante a Presidencia do Parlamento de Galicia por considerar que a actitude exhibida polo director xeral atenda contra a dignidade da Cámara, feito polo que o PPdeG solicita o cese inmediato do comparecente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario