TRADÚCEME

24 junio 2008

O PPDEG, UN REFERENTE PARA O PP NACIONAL

- Os resultados do Congreso do PP poñen de manifesto que esta formación constitúe unha alternativa real en España e confirma que o PPdeG volve estar en condicións de gañar as Eleccións autonómicas en Galicia.

- O PPdeG amósase convencido de que o cónclave de Valencia tamén permitiu reforzar a democracia interna, a transparencia e a participación dos afiliados nas decisións do Partido Popular.

- Hoxe, os 750.000 militantes do PP en España, e os 100.000 afiliados galegos, saben que teñen poder para nomear e cambiar ao presidente do Partido e ao candidato á Presidencia do Goberno da nación.

- Os cambios operados confirman que o PPdeG segue sendo un referente para o PP nacional, non só polo elevado número de galegos presentes nos órganos de dirección, comezando polo presidente nacional e polo presidente fundador, senón tamén porque as proposta de organización saíu de Galicia, ao igual que a de Estatutos.

- Deste xeito, a proposta que afonda na democracia interna e articula a celebración de eleccións primarias no seo do PP saíu da experiencia do congreso sucesorio do presidente fundador, Manuel Fraga.

No hay comentarios: