Touriño debe depurar responsabilidades despois de quedar probado que o PSOE financiou a súa campaña electoral con fondos públicos.-
- Os escasos traballos que a Xunta e os grupos socialista e do BNG permitiron desenvolver á Comisión de Investigación sobre a axente electoral do PSOE probaron que este partido financiou parte da súa campaña electoral municipal con cartos públicos, polo que resulta necesario depurar responsabilidades políticas.
- O PPdeG lamenta os impedimentos formulados na Comisión de Investigación pola Xunta e polos deputados do PSOE e do BNG, o que se saldou coa imposibilidade de revisar documentos que non foron achegados e escoitar testemuñas cuia participación tamén foi truncada.
- Á vista das evidencias constatadas, o PPdeG considera necesario que o PSOE reintegre inmediatamente ás arcas públicas os cartos que, en concepto de subvención, foron utilizados indebidamente para contratar á axente electoral do PSOE, así como o importe dos billetes de avión empregados de xeito irregular.
- A aplicación dos principios de “hixiene democrática” debería levar ao presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG-PSOE a adoptar as medidas necesarias para depurar as responsabilidades políticas derivadas das irregularidades constatadas.
- Por iso, o PPdeG pide a dimisión ou, no seu caso, o cese de Ricardo Varela como conselleiro de Traballo da Xunta e como secretario de Organización do PSdeG-PSOE, como un dos artífices da trama de financiamento irregular denunciada. Ademais, debería efectuarse a pública reprobación do conselleiro da Presidencia e do secretario xeral de Emigración do Executivo galego.
- O PPdeG estima preciso que a deputada socialista Marisol Soneira abandone as súas actuais responsabilidades como responsable de emigración, e que o afiliado Félix Porto sexan obxecto de medidas disciplinarias.
- O PPdeG entende necesario trasladar as actuacións ao Sindicato Unións Agrarias e ao concello de Muxía, do que Félix Porto é alcalde despois dunha campaña electoral na que se serviu indebidamente dos fondos públicos que permitiron contratar á axente electoral socialista.
- Dada a gravidade dos feitos, o PPdeG é partidario de trasladar todo o actuado, incluída a documentación recompilada a e mailas actas literais da Comisión de Investigación á autoridade xudicial ás instancias europeas oportunas, dada a utilización irregular dos fondos comunitarios cos que foi contratada a axente electoral socialista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario