- A decisión de Zapatero de celebrar unha cea na Moncloa cos presidentes autonómicos socialistas pon de manifesto que existe unha grave confusión e unha substitución entre as institución do Estado e as do PSOE.
- A reunión non se fixo no sitio axeitado, xa que tiñan tanto dereito a acudir os presidentes socialistas á Moncloa como os presidentes non socialistas.
- O encontro debería celebrarse nas instalacións do PSOE, xa que se formulou como unha reunión do secretario xeral do Partido Socialista e dos responsables socialistas das comunidades autónomas.
- Hai unha substitución e unha confusión entre as institucións do Estado e o Partido Socialista.
- O mesmo lle pasa ao presidente da Xunta. Nas imaxes da súa última viaxe a Arxentina púidose ver que nos carteis que se lle entregaban ás persoas que acudían aos actos organizados, figuraban fotos tanto do presidente da Xunta coma de Rodríguez Zapatero, xunto co anagrama do Partido Socialista.
- Mesturar un día institucional como o Día das Letras Galegas cunha foto de Rodríguez Zapatero, de Touriño e do PSOE é unha utilización tendenciosa dos medios institucionais da Xunta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario