TRADÚCEME

23 mayo 2008

TOURIÑO DEBE DICIR QUEN TEN QUE CESAR NO CASO DA AXENTE ELECTORAL

- Touriño debe destituír aos responsables do caso da axente electoral e reintegrar o diñeiro empregado polo PSOE á Facenda da Comunidade.

- Touriño ten que elixir entre situarse do lado da ética ou no lado da fraude.

- O PPdeG vai chegar ao fondo deste asunto.

- Estamos ante un escándalo sen precedentes na historia de Galicia, con cinco fraudes probados:

- FRAUDE ECONÓMICO.- porque se pagou a viaxe dunha axente electoral socialista con diñeiro público.

- FRAUDE PARLAMENTARIA.- porque é unha deputada a que fai de intermediaria nesa distribución partidista de fondos de todos os galegos, ademais de ser ela mesma a que pon a unha axente electoral do seu partido a pedir o voto para o seu candidato desde a sede parlamentaria do PSOE, cun teléfono que pagamos todos os galegos.

- FRAUDE LABORAL.- porque se financia o contrato desa axente a través dunha subvención pública concedida dun modo irregular.

- FRAUDE ELECTORAL.- porque o alcalde de Muxía emprega diñeiro da Xunta de Galicia para pagar a súa campaña en Arxentina.

- FRAUDE POLÍTICA.- porque responsables políticos do PSOE mInten para xustificar toda esta trama, dicindo que conceden a esta persoa un billete de avión para que vaia ver á súa irmá a Bos Aires e resulta que a irmá estaba en Vimianzo.

- O presidente da Xunta debe aclarar este asunto.

No hay comentarios: