TRADÚCEME

23 mayo 2008

A AXENTE ELECTORAL CONFIRMA QUE TRABALLOU PARA O PSOE, PAGADA CON DIÑEIRO PÚBLICO

- María Isabel Blanco compareceu no Parlamento para dar conta da súa tarefa como axente electoral socialista en Arxentina.

- Sustentada con documentos e probas diversas, a axente electoral socialista confirmou que foi contratada polo actual alcalde de Muxía, que lle deu traballo nun sindicato afín ao PSdeG a través dunha asociación pantasma -que, como proban os documentos, pagou a súa nómina cunha subvención entregada pola Consellería de Traballo que dirixe o número dous do PSdeG-, que a obrigou a irse a Arxentina para traballar como axente electoral socialista solicitando votos, e que estivo en Bos Aires durante 53 días facendo campaña para ese partido.

- Afirmou tamén que recibiu diñeiro en efectivo por parte de Félix Porto para que exercese o seu labor en Arxentina, e que lle conseguiu os billetes Marisol Soneira a través dun mail no que se implica tamén á Secretaría Xeral de Emigración, á vez que recordou que ela nunca solicitou un billete de avión para viaxar a Arxentina, e que desde logo non o fixo para visitar á súa irmá porque esta estaba en España no momento no que viaxou.

- Tamén asegurou recibir ameazas, chamadas telefónicas e acoso por parte de varias persoas ligadas ao PSdeG, entre eles, o número dous do partido en Arxentina, Evaristo Oroña.

- María Isabel Blanco insistiu en que traballou para Emilio Pérez Touriño. Fíxoo chamando por teléfono desde as oficinas do Grupo Parlamentario Socialista, pedindo por teléfono aos seus contactos en Arxentina o voto para o actual presidente da Xunta.

No hay comentarios: