- O PPdeG pide a Touriño que mostre ese gran descoñecido desta campaña, o programa de propostas do PSOE para Galicia, ‘se é que existe’.
- Despois de ver o programa de insultos do PSOE, na primeira semana da campaña, os galegos pregúntanse agora onde están o programa do Partido Socialista de Galicia.
- O feito de que o PSOE careza de programa atende a dúas razóns:
- porque lles da vergonza elaboralo, despois das Municipais, cando fixeron un programa no que prometían ampliar o horario de metro en Galicia;
- e porque, despois destes catro anos sen facer nada, decidiron ser sinceiros e non prometer facer nada en Galicia.
- O Partido Popular, pola contra, si ten programa propio para Galicia, e ademais Galicia ten un candidato propio, un galego que pode ser presidente: Mariano Rajoy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario