- Despois do 9 de marzo, o Goberno do PP situará a Galicia no mapa das cidades do século XXI.
- Para iso, iniciará de inmediato todas as grandes obras públicas do Plan Galicia que o Goberno central mantivo paralizadas nos últimos catro anos.
- Para materializar ese compromiso, o novo Goberno deberá facer en 4 anos o que se debería facer en oito.
- Nos 100 primeiros días de Goberno, o Consello de Ministros tomará as decisións necesarias para reactivar o Plan Galicia de xeito que todas as obras pendentes se inicien en 2008, agás aquelas que, por especiais dificultades ou ausencia dos estudos previos, teñan que demorarse o mínimo tempo imprescindibles.
- AUTOVÍAS INTERIORES.- o PP comprométese a iniciar este mesmo ano os traballos das que conectarán Ourense-Lugo e Santiago-Lugo; en 2009 a que enlazará Pontevedra-Vigo-A-52; e, en 2010 Chantada-Monforte.
- ALTA VELOCIDADE.- o PP está en condicións de iniciar este mesmo ano as obras de enlace de Ourense coa Meseta, por Lubián.
INICIO DAS OBRAS DO AVE
ACTUACIÓN ANO DE INICIO
Eixo Atlántico 2008 (100% do trazado)
Ave Ferrol-A Coruña 2010
Ave Vigo-fronteira portuguesa 2010
Ave Ourense-Lugo 2009
Ave Vigo-Ourense (por Cerdedo) 2009
Ave Ourense-Meseta (por Lubián) 2008
Ave Lugo-A Coruña 2011
- FERROCARRIL CONVENCIONAL.- o PP prevé un plan de actuación específico que contempla a supresión de todos os pasos a nivel existentes en Galicia e a rehabilitación de todas as estacións, sumidas desde hai anos nun absoluto abandono.
- o PP incentivará a implantación do metro lixeiro nas cidades da Coruña e Vigo como unha das solucións a adoptar para poñer freo á saturación viaria que rexistran, ademais de executar cadansúa conexión por tren cos portos exteriores da Coruña e Ferrol.
-os servizos de longa distancia que comunican Galicia co País Vasco e Cataluña tamén serán obxecto de melloras, dotando a estas liñas de material rodante moderno que permita reducir o tempo das viaxes.
- nos traxectos de media distancia en Galicia, a introdución de material rodante moderno, melloras das estacións e acordos con Renfe permitirán incrementar a utilización do transporte ferroviario para os desprazamentos que se realizan no interior da Comunidade.
- TREN DE CERCANÍAS.- este é outro dos compromisos electorais do PP para superar a discriminación de Galicia sexa, na actualidade a única comunidades do litoral que carece deste servizo, malia que ten capacidade para absorver o 50% do incremento do tráfico das estradas das áreas metropolitanas.
Goberno de Rajoy porá en marcha servizos de cercanías ferroviarias nos seguintes itinerarios:
• Pontevedra-Vigo-Porriño
• A Coruña-Betanzos-Ferrol
• Carballiño-Ourense-Taboadela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario