TRADÚCEME

15 febrero 2008

A XUNTA PAGA CON FONDOS PÚBLICOS BILLETES DE AVIÓN DE AXENTES ELECTORAIS SOCIALISTAS

- A Xunta de Galicia pagou un billete de avión a un axente electoral do PSOE para que viaxase a Bos Aires en busca de votos para os socialistas durante a pasada campaña das municipais.

- O PPdeG puxo en coñecemento un correo de Marisol Soneira, responsable de Emigración do PSdeG, a unha persoa non ligada á Administración pero afiliada ao PSOE, no que lle mandaba localizador e datos do voo que a levaría de Santiago a Madrid e de Madrid a Bos Aires o día 2 de abril, e de volta á capital de Galicia o 23 de maio, cinco días antes das eleccións.

- Ese mail non era máis que un reenvío da secretaría de Emigración á propia Soneira, no que se pode ler que o billete xestionouse por orde do secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez -departamento que depende de Presidencia-, a través do seu xefe de gabinete.

- A beneficiaria deses voos era M.I.B, emigrante retornada, non dubidou en admitir que traballou como axente electoral de Félix Porto, actual alcalde socialista de Muxía, durante a campaña das municipais.

- Como proba, o PPdeG mostrou varios emails remitidos por emigrantes galegos que recibiron nas súas casas de Bos Aires a M.I.B. En devanditos correos electrónicos esas persoas admiten recibir información electoral do PSOE, incluíndo un CD, e unha carta por parte da persoa referida.

- Esta persoa viaxou a Bos Aires cunha bolsa de viaxe de preto de 30 quilos cargada con correspondencia electoral a repartir en Bos Aires que a entregou o propio alcalde de Muxía, por aquel entón só candidato.

- Este é un escándalo de difícil xustificación, que non pode deixar indiferente a ninguén, e que require dunha explicación inmediata por parte do Goberno.

- A Xunta está pagando con diñeiro público a campaña do PSOE, e é un acto que debe ser investigado e depurado no seo do propio Goberno galego.

- Pode que o caso desta persoa non sexa illado, e que na actualidade haxa centos de persoas traballando para o PSOE en Latinoamérica, pode que con viaxes pagadas pola Administración galega.

- É innegable que a Xunta pagou o billete de M.I.B. Para demostralo, o PPdeG mostrou o recibo do billete no que aparece un número de rexistro, unha clave que identifica a un cliente que ten un acordo coa compañía Iberia, a que operou ese voo. Esa clave, consultadas ata tres fontes da compañía, corresponde á secretaría xeral de Emigración da Xunta de Galicia, dependente da propia Presidencia do Goberno galego.

- Ricardo Varela, número dous do PSdeG, como responsable de Organización do partido, debe explicar por que os axentes electorais do partido viaxan con voos que pagamos todos os galegos.

- Ademais, debe aclarar cantas máis persoas traballaron para o PSOE custando diñeiro ás arcas galegas e cantas o seguen facendo na actualidade.

- Marisol Soneira debe explicar que fai xestionando voos para axente electorais do PSdeG desde o seu despacho do Parlamento ou polo menos co correo electrónico que se lle facilita como deputada.

- Manuel Luís Rodríguez debe explicar por que o seu departamento está pagando voos a axentes electorais socialistas con cargo aos Orzamentos da Xunta.

- E o alcalde de Muxía debe explicar, e de inmediato ademais, como buscou que fose o Goberno galego o que lle financiase a campaña electoral.

No hay comentarios: