O director da campaña do PPdeG, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que, Núñez Feijóo gañou o debate da TVG con propostas, alternativa e futuro, fronte a un PSdeG e BNG que falan do pasado. Hoxe os galegos viron a un presidente do PPdeG que levou permanentemente a iniciativa durante todo o debate:
1.- O presidente do PPdeG foi valente e cumpriu a súa palabra: asistiu ao encontro por respecto á maioría que representa en Galicia, porque os galegos o merecen, a pesar de que o PSOE impuxo todas as súas condicións á marxe das canles de negociación e respecto das regras fundamentais do desenvolvemento dos debates.
2.- Os galegos viron a un presidente máis preocupado por presentar as propostas do PP para os problemas reais dos galegos que en gastar o tempo en entrar en polémicas ficticias como as que trata de provocar o PSOE e o BNG para tapar a crise económica, os incumprimentos do seu ‘Goberno amigo’ durante estes catro anos en infraestruturas ou servicios sociais, ou o deterioro da educación.
3.- Feijóo demostrou que Galicia ten na oposición a alternativa, tanto a nivel autonómico como a nivel estatal.
4.- Demostrou, con propostas constructivas e iniciativas, que o 9 de marzo, Galicia pode poñer fin a catro anos perdidos, catro anos de agravios e incumprimentos: Galicia ten as pensións máis baixas de España; os prezos nunca subiran tanto desde 1996; as autovías galegas non están nin se lles espera; nunca se marcharan fóra de Galicia tantos mozos a buscar traballo desde 1992; Galicia é a comunidade de toda España que está mais lonxe de ter AVE.
5.- Feijóo presentou propostas, o que demostra que cree nelas e na xente, que ten unha solución para os principais problemas dos galegos: subir 150 euros as pensións; os que gañan menos de 16.000 euros non terán que facer a declaración; bonificación de ata 1.000 euros para xerar emprego feminino; Consello de Ministros para que Galicia entre no mapa da Alta Velocidade.
6.- Mentres Feijóo falou de propostas e programa, Touriño e Quintana falaron de pasado e dunha Galicia da Liga das estrelas que só existe en Monte Pío.
7.- Feijóo falou con liberdade e en nome da maioría que representa, Touriño e Quintana, pola contra, falaron en nome exclusivamente dos seus intereses partidistas, con medo a dicirse algo que poda agravar as desavenencias entre os dous socios de goberno.
8.- Os galegos viron un Touriño á defensiva, agarrado ao pasado para tapar os seus erros.
9.- Touriño non falou de solucións porque para el Galicia non ten ningún problema. As poucas propostas que escoitamos xa lles soan aos galegos porque son as mesmas que o PSOE prometera fai catro anos.
10.- Quintana dirixe o seu discurso ao presidente dos populares galegos porque sabe que o próximo presidente do Goberno será Rajoy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario