- Dous de cada tres candidatos ao Congreso e Senado representan unha novidade respecto á candidatura das anteriores eleccións.
- Con estas candidaturas o PPdeG cumpre o compromiso que se marcou hai 2 anos de facer unha renovación respectuosa.
- Con estas listas o PPdeG RENOVA, INTEGRA E SUMA.
- Así, a renovación total nas listas do Congreso e do Senado é do 66%.
- Na Coruña, hai un 62,5 de renovación no Congreso e un 66% de renovación no Senado
- En Lugo, hai un 75% de renovación no Congreso e un 100% de renovación no Senado
- En Ourense, hai unha renovación do 50% no Congreso e un 66% no Senado
- En Pontevedra, hai unha renovación do 71% no Congreso e un 33% no Senado
- Se tratan dunhas listas EQUILIBRADAS E REPRESENTATIVAS da sociedade galega e da súa configuración:
Contan con representación no Senado e o Congreso:
- as 7 cidades galegas
- os concellos medios como Ribeira, Lalín, Vilagarcía, Ribadeo, Viveiro, Cambados, Poio, O Barco, Betanzos, Carballo;
- os pequenos concellos como Sober, Bande, Melide, Porto do Son, Triacastela ou Vila de Cruces, entre outros.
- Subliñar que nesta atención ao ámbito municipal candidaturas inclúen á candidata máis votada de Galicia nas pasadas eleccións, Corina Porro por Vigo e incorpora a Xerardo Conde Roa, Juan Juncal, Xosé Manuel Barreiro, Jesús Vazquez Abad e Miguel Pérez de Juan.
- Para estas listas contouse cos máis xóvenes e os máis veteranos. Así, cada provincia contará con un mínimo dun representante de Novas Xeracións, e veteranos da política galega como Torres Colomer (Riveira), Carmen Leyte (Cartelle) ou María Jesús Sainz (Santiago de Compostela) e Amador Vázquez figuran nas candidaturas do partido.
- Son unhas listas que responden ao obxectivo electoral que se marcou o partido:
obter a maioría absoluta de senadores e deputados galegos, acadando máis escanos que a suma dos que acaden PSOE e BNG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario