TRADÚCEME

16 enero 2008

ACUERDO DE GOBERNABILIDAD ENTRE PP Y TEGA EN NARÓN

Nuestros concejales ostentarán los siguientes cargos en el equipo de gobierno:

Ángeles Díaz Pardo.- Concelleira de Promoción Económica
COMPETENCIAS:
A. Promoción e xestión dos polígonos industriais: infraestruturas dos polígonos, promoción de empresas de nova implantación, constitución de áreas de mantemento.
B. Promoción Económica: relación con iniciativas en diversas áreas: comercial, servizos, etc. que sirvan como potenciación económica do concello; representación ante institucións supramunicipais que teñan relación coa promoción e o desenvolvemento económico e industrial do concello; implantación de novas tecnoloxías que colaboren cos obxectivos de competitividade e modernización das empresas e da sociedade en xeral.

Serafín González Pena. Concellería de Servizos Complementarios e Transporte Público
COMPETENCIAS:
A. Mantemento do alumeado público.
B. Mantemento dos xardíns.
C. Sinalación viaria: sinalización de rúas, lugares e toponímica, agás as relacionadas co código de circulación.
D. Transporte público. Relación coas empresas de transporte e coa Xunta de Galicia no Plan de Transporte Integrado da ría de Ferrol, regulamento de licencias de auto-taxi dentro do termo municipal; ordenanzas xerais de transporte.

José Miguel Hermida Dopico.- Concellería de Servizos Sociais Específicos
COMPETENCIAS:
A. Servizos. programas de información, orientación e asesoramento; programas xerais de inclusión e inserción social, programas de atención e prestacións económicas a familias.
B. Servizos de integración social: programas de atención a diversidades funcionais, programas de autonomía persoal e atención á dependencia (maiores e diversidade funcional): programas de axuda no fogar, programas de comida a domicilio, programa de centro de día, programa de prazas residenciais de maiores, programas de prazas residenciais de discapacitados, programa de información e tramitación de recursos, programa de asesoramento personalizado: asesor personalizado de dependencia, programa de axudas técnicas, programa de xestión e tramitación de outras axudas económicas. Programa de Transporte Accesible Adaptado.
C. Infancia.- Programas de atención á infancia: educación infantil e escolas infantís municipais, educación familiar con menores, programas de fomento da natalidade e atención á infancia, programa de ludotecas, programa de recursos de atención á infancia.
D. Establecemento dos criterios para outorga-las subvencións a diversas entidades.

José Carlos Díaz Ramil.- Concellería de Obras Públicas
COMPETENCIAS:
A. Contratación, seguemento e coordinación das infraestruturas xerais, dotacións e urbanizacións promovidas polo concello.
B. Relación cos diversos organismos supramunicipais en actuacións de obras e calquera tipo de infraestruturas que se realicen no concello pola Deputación Provincial, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Fomento, FEVE, RENFE, …
C. Coordinación de ambas actuacións e presentación dos programas necesarios para o desenvolvemento urbano do concello.
D. Propostas de contratación e seguemento de obras nas súas competencias delegadas.

Paloma González Cuevas. Concellería de Formación Laboral, emprego, novas tecnoloxías e protocolo
COMPETENCIAS:
A. Formación Laboral. Programa de formación FIP, programas de formación do Servicio Galego de Igualdade, programas de formación do Fondo Social Europeo (escolas obradoiro, obradoiros de emprego e outros) programa de formación de garantía social e PIP (Promoción de Iniciación Profesional), programa de formación municipal, programa de iniciación profesional municipal; programas formativos de base ocupacional; programas conveniados de formación con empresas, programa de prácticas pre-profesionais; programa de mantemento do centro municipal de formación e homologacións.
B. Emprego. Programas de información e orientación laboral: servizo de atención a usuarios: (programa de inserción laboral: servizos a usuarios e servicios a empresas); Centro asociado do Servizo Galego de Colocación (tramitación de demandas de desempregados/as, e servizos de ofertas empresarios/as); programa de axencia local de emprego (bolsas de emprego ofertadas por empresas externas e bolsas de emprego ofertadas por empresas subministradoras de servizos ás administracións públicas), programa de convenios con empresas e asociacións empresariais para a colaboración na promoción económica; programa de emprendedores/as (creación de oportunidades de emprego nas zonas rural e urbana [novas microempresas]); programa de visitadores de emprego.
C. Novas Tecnoloxías. Delegación específica de informática e novas tecnoloxías (voz e datos) de carácter interno do concello.
D. Protocolo. Organización de eventos protolocarios municipais.

No hay comentarios: