TRADÚCEME

28 enero 2008

CONVENCIÓN DO PPDEG, SÁBADO, 26 XANEIRO: MÁIS DE 12.000 AFILIADOS E SIMPATIZANTES CON RAJOY E CO PP

- O PPdeG mostra a súa satisfacción polo éxito da Convención que o partido celebrou esta fin de semana en Santiago e á que asistiron máis de 12.000 persoas.

- É un orgullo para todos os que formamos parte do PPdeG comprobar a capacidade de resposta de militantes e simpatizantes, que é o gran capital deste partido.

-Rajoy sinala a Galicia como unha prioridade na axenda do seu goberno fronte a catro anos baleiros de Goberno ZP.-

- Subliñar a ilusión que esperta nos galegos que un dos seus paisanos, Mariano Rajoy, poida ser o próximo Presidente do Goberno.

- Os galegos non dubidan que ningún Presidente do Goberno vai a tratar mellor a Galicia que Mariano Rajoy e por iso o protagonismo máis útil para Galicia na próxima lexislatura será que o Presidente do Goberno sexa un galego.

- Como proba delo temos o primeiro compromiso de Mariano Rajoy con Galicia:

celebrar un Consello de Ministros en Galicia para aprobar o Plan Galicia, que durante estes catro anos suspendeu o Goberno de Zapatero a través da inacción, os incumprimentos e os agravios comparativos.

- Rajoy sinala a Galicia como unha prioridade na axenda do Goberno despois de catro anos de ser tratados coma se foramos as sobras do Estado, xa que o único que fixo o Goberno de Zapatero polas infraestructuras e a comunicación en Galicia foi ceder os talgos vellos que lle sobraban á Málaga natal da Ministra Magdalena Álvarez.

- A diferencia entre os programas do PP e do PSOE para as próximas eleccións é que: mentres o programa do PP de infraestructuras se fixo en Galicia, na presentación do programa do PSOE houbo un silencio clamoroso sobre Galicia e as súas infraestructuras porque xa non lles cre ninguén despois de catro anos nos que incumpriron todos os compromisos pendentes con Galicia.

- A credibilidade do PSOE está esgotada en Galicia.

- O PPdeG reitera a invitación á Magdalena Álvarez para que veña a Galicia en campaña a explicar nun mitin a súa xestión na Comunidade, que se traduce en cero quilómetros de AVE e autovías.

-O PPdeG obterá a maioría absoluta de deputados e senadores galegos nas eleccións xerais.-

- O PPdeG está seguro de que os galegos aproveitarán a oportunidade alcanzable de que un galego, Rajoy, sexa o Presidente do Goberno e por iso, vaticina que, nos comicios do próximo 9 de marzo, o PPdeG obterá máis escanos que a suma dos que obteñan PSOE e BNG en Galicia, alcanzando, de novo, unha maioría absoluta de deputados e senadores galegos.

- O tempo deu a razón a Rajoy e as urnas tamén lle darán a razón.

- Para o PPdeG, o próximo 9 de marzo, España xógase moito, pero Galicia xógase moito máis. Por iso, os galegos precisan un goberno que crea no equilibrio territorial e que aproveite os próximos 4 anos como se foran 8 para recuperar o tempo perdido co Goberno de Zapatero, no que Galicia foi excluída das súas prioridades.

- O próximo goberno ten tres retos urxentes en Galicia nos que o Goberno de Zapatero fracasou estrepitosamente durante estes catro anos:
- o reto das infraestructuras,

- o reto da economía

- o reto da educación.

- INFRAESTRUTURAS.- remata unha lexislatura que para o AVE galego non comezou e na que Galicia, con Magdalena Álvarez saíu perdendo.

- Non hai máis que lembrar os atrasos que levan as grandes infraestructuras e como este goberno deixou de gastar en Galicia 2.000 millóns de euros que comprometera nos orzamentos dos catro exercicios.
- O PP marca, desde xa, a diferencia co Executivo socialista, desde o programa electoral: o programa electoral de infraestructuras do PP fíxose en Galicia e o programa de infraestructuras do PSOE non pasou por Galicia en 4 anos

- SITUACIÓN ECONOMÍA.- España vive o peor momento económico desta década e, en Galicia, esta situación é aínda peor xa que, mentres a inflación sube ao mesmo ritmo que no resto de España, os soldos seguen a ser os máis baixos e os galegos foron os que máis poder adquisitivo perderon ao longo destes catro anos.

- Con esta situación hai que aportar solucións.

- Quedou demostrado que a política do coello e das propinas do PSOE non funcionou para solucionar a crise.

- EDUCACIÓN.- España é o lugar de Europa onde máis se deteriorou a calidade na ensinanza e mentres baixan os niveles de calidade nas escolas, suben os niveis de politización.

-Ningún pai debería preocuparse por deixar a un rapaz na escola, e agora isto sucede máis que nunca.

- Precisamos un sistema educativo baseado no mérito e no estímulo ao alumno, un modelo educativo que motive aos profesores e non restrinxa a súa capacidade e unha Educación que poida ser impartida e recibida en liberdade.

- Ás portas do século XXI, agora non é o momento de facer unha Galicia pechada en si mesma, senón de abrirnos ao resto do mundo; e non é o momento de falar dunha lingua única, senón de introducir unha terceira lingua nas escolas.

- Para o PPdeG, o 9 de marzo, os galegos dirán ao bipartito que aproveiten o último ano que lles queda para facer por fin algo útil, despois de que nesta lexislatura a imaxe de Galicia se teña deteriorado cun goberno en continuo enfrontamento, o país sexa hoxe un escenario menos competitivo, os galegos perderan poder adquisitivo e se deteriorara a calidade dos servicios públicos, como na Sanidade, xa que 300.000 galegos están en lista de espera e as Urxencias se colapsan coma se foran hospitais de campaña.

No hay comentarios: