- O PP acaba de anunciar unha reforma fiscal que rebaixa o Imposto sobre a Renda nun 16% a todos os contribuíntes.
- O novo IRPF nace como unha reforma estructural ao servizo dos obxectivos de política económica, que permitirán ao noso país crear emprego, aumentar a renda dispoñible e ganar en competitividade.
- Centrarase en cinco grandes eixes:
1. A reforma fiscal fará que as persoas con rendas do traballo inferiores a 16.000 euros non paguen IRPF. Para elo, utilizarase un mecanismo similar ao empregado desde 1998 e que evite o erro de salto. Esta reforma fará que o Imposto sobre a Renda sexa máis equitativo ao reducir a carga que na actualidade soportan todas as rendas do traballo.
2. O novo IRPF incluirá unha rebaixa adicional de ata 1.000 euros anuais para as mulleres traballadoras. A iniciativa fará que as traballadoras podan ganar ata 75 euros máis ao mes (14 pagas) e beneficiará a máis de tres millóns de traballadoras. O obxectivo é aumentar a incorporación da muller ao mercado de traballo e conseguir os obxectivos da Estratexia de Lisboa.
3. Redúcese a carga fiscal de todos os contribuíntes gracias á nova tarifa do imposto, con tres tramos e tres tipos marxinais: 20%, 30% e 40%. A nova tarifa garantirá unha reducción efectiva do imposto a todos e cada un dos contribuíntes, de xeito que ningún pagará un tipo impositivo maior ao que hoxe se lle aplica.
4. O PP aumentará a base de cálculo dos mínimos familiares alomenos, nun 40%. Eso suporá un aumento dos incentivos fiscais á familia de en torno ao 20%. A medida beneficiará a 7,1 millóns de familias con fillos. Ademáis, o PP se comprometerá a revisar o seu importe anualmente, fronte ao que fixo o Goberno socialista que esperou ao último ano de lexislatura para realizar esta actualización.
5. O PP apostará pola simplificación das obrigacións fiscais para os traballadores e pensionistas. Mellorará o sistema de retencións para que se axuste o máis posible e desde o primeiro día á tributación real de cada contribuínte.
Para logralo, a Axencia Tributaria diseñará un sistema que permita que a gran maioría dos traballadores deixen de presentar declaración da renda, simplificando así a súa relación coa Administración Tributaria.
- O novo imposto permitirá que 4 de cada 10 contribuíntes, os que menos gañan, deixen de pagar IRPF.
- O obxectivo da reforma é que un traballador que gañe 22.000 euros ao ano aforre, co novo imposto, en torno aos 850 euros. No caso dunha parella na que os dous traballan, con dous fillos e uns ingresos totais de 45.000 euros anuais, a finalidade é que teñan un aforro en torno a 3.000 euros.
- O PP tamén se compromete a reducir o Imposto sobre Sociedades ata o 25% no tipo xeral e o 20% para Pimes. Asimesmo, o PP non descarta unha reducción adicional de dito tributo ata o 20%, condicionado a que os axentes económicos e sociais asuman o seu esforzo e cumplan os seus obxectivos no marco dun acordo nacional de competitividade en aspectos claves como: conciliación da vida persoal, familiar e laboral; eficiencia enerxética; maior esforzo en I+D e en formación.
- El PP afronta esta ambiciosa reforma fiscal coa convicción de que será posible gracias a un estricto marco de estabilidade presupostaria. Para elo, se reforzará a Lei Xeral Presupostaria e a Lei de Estabilidade Presupostaria para garantir a sostenibilidade das finanzas públicas a longo prazo. Ademáis, se incluirán nos obxectivos de estabilidade presupostaria, os compromisos futuros en áreas como as pensións e proporá ás Administracións territoriais un marco de coordinación das políticas presupostarias que estableza límites ao crecemento do gasto no Sector Público.
- Esta reforma do IRPF axudará a solucionar o deterioro do poder adquisitivo e a subida dos prezos e das hipotecas, ao aumentar a renda dispoñible dos españois. Pola súa banda, a rebaixa do imposto sobre sociedades favorecerá a competitividade da nosa economía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario